Logo do repositório
 
Miniatura indisponível
Publicação

Literatura infantil e xuvenil. Feminismo

Utilize este identificador para referenciar este registo.
Nome:Descrição:Tamanho:Formato: 
1 - Dotras resumo AIEG 2018.pdf1.03 MBAdobe PDF Ver/Abrir

Orientador(es)

Resumo(s)

A literatura infantil e xuvenil galega desenvólvese no século XX e as mulleres autoras, como en todos os ámbitos do saber, destacan polo seu labor de resistencia, a contracorrente ou de actuación illada –e por iso destacada– na sociedade que lles tocou vivir. Desde a década dos 40 coas primeiras obras de Pura e Dora Vázquez, malia non ser todas en galego, até os anos 90, unha serie de autoras (as devanditas irmás, Xohana Torres, Úrsula Heinze, María Victoria Moreno, etc.) viviron nunha Galicia e nunha emigración que merece ser contextualizada desde a perspectiva teórica, sociocultural e literaria. Estes territorios transitados polas mulleres son marcados por posicións de resistencia á ditadura, como tantas outras manifestacións artísticas, polo simple feito de seren mulleres intelectuais e por dedicárense á literatura infantil e xuvenil en galego. Desde os setenta coa apertura cultural e os apoios políticos e institucionais, a LIX presenta, como todo o contexto sociocultural galego, unha serie de fitos en canais de expresión e situacións singulares que servirán como marco do panel sobre pioneiras na LIX galega

Descrição

Palavras-chave

Literatura infantil e xuvenil Pioneiras da LIX LIX en feminino Feminismos Autoras Tradutoras

Contexto Educativo

Citação

Dotras Bravo, Alexia; Neira Rodríguez, Marta; Pena Presas, Montse; López Teixeiro, Lidia (2018). Literatura infantil e xuvenil. Feminismo. In Carmen Mejía Ruiz (dir.) Ricardo Pichel; Ana Acuña (Eds.) XII Congreso da AIEG: libro de resumos. Madrid

Projetos de investigação

Unidades organizacionais

Fascículo

Editora

Universidad Complutense de Madrid

Licença CC